Loli Rodríguez Rodríguez (Torbeo, Ribas de Sil, 1964) estudou Maxisterio en Santiago de Compostela. Abandonou esta profesión para pórse á fronte dunha librería-papelería durante preto de vinte anos. Na actualidade traballa como celadora no hospital do Meixoeiro de Vigo. En 2023 publicou a súa primeira novela, Os nomes de Val.
Nailía, Premio Torrente Ballester 2024, é unha historia de historias. De amor, desamor e rancor; de superación, de esperanza e de perdón, onde a protagonista, Lía, nai e avoa, coidadora, nos vai guiando por un universo de mulleres diferentes, de personaxes vulnerables, entrañables, mentres loita por non perderse no camiño.
RICARDO
Vivía ao outro lado do río, onde se perde a vista e os pasos dubidan. Era pobre, esquivo por necesidade e desdentado por un golpe do destino. Antes de…
