Fernando Fernández Rego é escritor e colaborador das revistas Luzes, Rockdelux e Mondosonoro, así como administrador da web LaFonoteca.net. Escribiu Unha historia da música en Galicia 1952-2018 (Galaxia, 2019) e Anos 80. Movida, Atlantismo, Vangardismo e Underground (Galaxia, 2024), así como biografías de artistas como Andrés do Barro ou Suso Vaamonde.
A música sempre foi un espazo de resistencia, memoria e transformación. Neste percorrido polas voces e os ritmos que teceron a cultura galega, imos desde as cantareiras —gardiás da tradición oral— ata as DJ contemporáneas que revolucionan as pistas de baile. Este ano, as Letras Galegas renden homenaxe ás cantareiras, recoñecendo o seu papel fundamental na preservación do patrimonio inmaterial. Mais a súa herdanza non quedou conxelada no tempo, evolucionou, reinterpretouse e, hoxe, proxéctase en artistas como Tanxugueiras, Fillas…
